InicioSociedadeVarios nenos de Mos son pillados "coas mans na masa" e lévandose...

Varios nenos de Mos son pillados “coas mans na masa” e lévandose a casa un boliño de pan

O alumnado mosense aprende oficios tradicionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alumnado dos colexios mosenses Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, Petelos e Atín están a participar nunha actividade para coñecer o oficio de panadeiro, organizada pola concellería de Educación mosense dentro do programa de actividades en horario lectivo.

A iniciativa desenvólvese nas panaderías mosenses San Miguel de Pereiras e Pereira de Petelos. Precisamente esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, compartiu sesión de panadería en Pereiras cos cativos do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda.

Tras pasar un rato moi divertido coas mans na masa, a rexedora local agradeceu a colaboración das dúas panaderías participantes, Pereira e San Miguel, “que levan anos participando nesta actividade, e sen as cales esta experiencia tan positiva non sería posible para os nenos e nenas do noso Concello”, declarou.

Arévalo explicou así mesmo que o obxectivo principal desta iniciativa “é achegar aos rapaces e rapazas á profesión de panadeira, e como forma para introducir os oficios tradicionais”.

“Consideramos fundamental que o alumnado de educación infantil sexa capaz de comprobar cos seus propios ollos o traballo que desempeñan os e as profesionais deste sector para que todos teñamos pan ou outros doces á hora de almorzar, comer e merendar. A visita, xa repetida de varios anos atrás, e unha das máis atractivas para o alumnado, xa que teñen tempo para manipular a masa, coñecen as ferramentas e poden enfornar os seus propios boliños para levar de recordo”, dixo.

Outros obxectivos da actividade son poñer en coñecemento dos cativos as profesións cotiás que os rodean, poñer ao alumnado en contacto directo co seu entorno, darlles a coñecer as materias primas para realizar o pan, e os recursos que teñen ao seu redor, fomentar o traballo en equipo e motivar aos alumnos a través dunha experiencia real e práctica.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de Educación Infantil e conta cunha parte de introdución, onde se lles explica aos nenos cal é o traballo de panadeiro, e logo o alumnado amasa o seu propio boliño de pan, aprendendo así a amasar.

Seguidamente, se lles explica os materiais que se usan no oficio da panadería e como se elabora o pan, mesturas, a máquina de facer barras e o forno. Cada neno e nena, recibe como agasallo o seu propio bolo, unha vez enfornado e traballada a masa por el mesmo.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...