InicioSucesosDetido na avenida do Aeroporto un condutor de patinete que circulaba drogado...

Detido na avenida do Aeroporto un condutor de patinete que circulaba drogado e cun transportín cunha ave exótica

O home, L.J.A.V., natural de Mos e 45 anos de idade, foi detido como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao circular drogado e con máis de 20 gramos de estupefacientes enriba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo detivo o pasado sábado, día 12 de xullo, a un home, L.J.A.V. de Mos e 45 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao circular drogado e con máis de 20 gramos de estupefacientes. Foi sobre as 09.00 horas cando os axentes observaron como o home circulaba co seu patinete pola avenida do Aeroporto portando auriculares e levando un transportín cunha ave exótica.

Ao darlle o alto, os funcionarios decatáronse de que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de drogas, polo que se lle realizou unha proba, dando positivo en alcol e en cocaína. Ademais, nun cacheo superficial, atopáronse máis de 4 gramos de cocaína, 18 de haxix e un de marihuana, sendo detido.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...