InicioPolíticaCaballero insiste en que Vigo "o petou" en decembro e Marea acúsao...

Caballero insiste en que Vigo “o petou” en decembro e Marea acúsao de “manipular” os datos de visitantes

Caballero alude ao aumento do tráfico aéreo de Peinador e Marea de Vigo critica o sistema empregado de localizador GPS.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que a cidade “petou” durante o mes de decembro, neste caso, polo incremento no número de pasaxeiros que chegaron polo aeroporto de Peinador.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico explicou que o aerodrómo vigués recibiu en decembro a 86.380 viaxeiros, o que supón un 27,5 % máis con respecto ao mes de decembro de 2019. Así mesmo, incrementáronse nun 37,3 % as operacións e Peinador foi, segundo recalcou Caballero, “o aeroporto galego que máis creceu en decembro”.

Todo iso, recalcou, “operando a mercado” e sen as subvencións que, repetiu, recibe o aeroporto de Santiago, cuxas compañías teñen o apoio económico da Xunta a través de contratos publicitarios que, engadiu, o goberno galego “oculta”.

VISITANTES DURANTE A CAMPAÑA DO NADAL

Por outra banda, o grupo municipal Marea de Vigo denunciou este mércores que o goberno de Abel Caballero está “a manipular e esaxerando” os datos sobre o número de visitantes á cidade durante a campaña do Nadal (desde mediados de novembro a mediados de xaneiro).

O portavoz de Marea, Rubén Pérez, sinalou que o rexedor estima o número de turistas entre 2 e 3 millóns, pero “a realidade é que o cálculo está feito empregando os datos de posicionamento GSM do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”, que rexistra os dispositivos móbiles que se atopan na cidade, sen estar rexistrados nela, pero sen valorar se son persoas que chegan a Vigo por motivos laborais, comerciais, de lecer ou calquera outro.

Para este grupo municipal, a interpretación do goberno local é “moi tendenciosa” e criticou a “necesidade de esaxeración permanente dun alcalde que roza o ridículo”, sen ter necesidade, posto que os datos de ocupación hoteleira e de visitas son “bos”.

ÚLTIMAS

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Hai persoas que enferman sen estar nunha cama de hospital. Non levan bata, non...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...