InicioCulturaAchégase a Reconquista: ultímanse os preparativos para a "romaría urbana máis importante...

Achégase a Reconquista: ultímanse os preparativos para a “romaría urbana máis importante de Galicia”

Este ano terá lugar entre o 25 de marzo e o 2 de abril.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este martes, na súa rolda de prensa diaria, que a Festa da Reconquista é a “romaría urbana máis importante de Galicia”.

Durante a presentación do evento, o rexedor vigués estivo acompañado polo presidente da Asociación Veciñal e Cultural Casco Lanuxe de Vigo, Pepe Fumega; o secretario da asociación, Fiz Ageitos; o portavoz de cultura da entidade, Gerardo Feijóo; e o seu anterior presidente, José Manuel Veiga.

Para Caballero, a Reconquista de Vigo é unha “festa moi singular, con características propias” que supón “unha gran mobilización de tradición e de cultura“.

“É unha gran mobilización lúdica. Ten todo para facer unha gran lembranza, unha celebración para estar todos xuntos, unha dimensión teatral e cultural marabillosa, con actores non profesionais que participan activamente na representación, o que lle dá enorme fortaleza á recreación dos feitos históricos de 1809“, engadiu.

Caballero tamén eloxiou ao deseñador do cartel desta nova edición, o artista Andrés Meijide, ademais de felicitar á organización polo labor que desenvolve para o bo funcionamento da cita.

Pola súa banda, Pepe Fumega agradeceu o apoio do Concello de Vigo, que achega este ano 120.000 euros, o que converte á Administración local no principal patrocinador da festa.

Así mesmo, Fumega manifestou o “orgullo” da Asociación Veciñal e Cultural Casco Lanuxe de Vigo por poder organizar un ano máis esta “cita histórica tan arraigada nos veciños da cidade” e na que colaboran máis de 600 persoas. Ademais, destacou a importancia de que a xente acuda á festa vestida de época.

ACTOS DA RECONQUISTA

Este ano, a Reconquista desenvolverase entre o 25 de marzo e o 2 de abril. O sábado, 25 de marzo, será a representación da invasión dos franceses e a destitución do alcalde, no Berbés.

Xa o xoves, 30 de marzo, se celebrará a ‘Reconquistiña’, en Porta do Sol. O domingo, 2 de abril, será cando a cidade represente a expulsión dos exércitos franceses, tamén con Porta do Sol como escenario.

Desde o vindeiro luns, 23 de xaneiro, ata o 20 de febreiro, poderanse solicitar as autorizacións para os postos de venda da Festa da Reconquista. As bases publicaranse na páxina web da Asociación Veciñal e Cultural Casco Lanuxe de Vigo e na páxina web do Concello de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...