InicioSucesosDetido en Vigo un home por circular sen permiso baixo os efectos...

Detido en Vigo un home por circular sen permiso baixo os efectos do alcol e incumprir unha orde de afastamento

Levaba no coche á persoa sobre a que tiña a orde de afastamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 46 anos por circular na Gran Vía baixo os efectos do alcol sen permiso de condución, tenencia de drogas e incumprir unha orde de afastamento.

Segundo fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado sábado, 31 de decembro, ás 04,47 horas cando axentes da Unidade Sintra da Policía Local de Vigo atopábanse na Gran Via realizando labores de control do tráfico no ámbito da seguridade viaria. Nese momento, os actuantes procederon á comprobación da documentación dun turismo, que resultou que circulaba coa ITV caducada.

Ao entrevistarse co condutor, os funcionarios detectaron que o home presentaba signos externos compatibles co consumo de bebidas alcohólicas. Por iso, o home foi sometido á proba de detección do grao de impregnación alcohólica, na que arroxou un resultado positivo.

Tal e como informou a Policía Local nun comunicado, cando os funcionarios solicitaron a identificación do agora detido, este manifestou non portala e facilitou os datos “de palabra”.

Ao non coincidir algún dos datos achegados, os axentes, ante as súas sospeitas, pescudaron que o home facilitara a información do seu irmán. Finalmente, os actuantes lograron identificar o individuo, que resultou ser, R.C.V, de Vigo e 46 anos de idade.

ORDE DE AFASTAMENTO EN VIGO

Así mesmo, os policías, tras realizar xestións de comprobación, descubriron que sobre o home figuraba en vigor unha orde de afastamento, ditada polo Xulgado de Violencia contra a muller número uno de Vigo, sobre a persoa que lle acompañaba no vehículo.

A maiores, tamén lle constaba en vigor, unha prohibición de condución de vehículos a motor, ata finais do ano 2023, ditada polo Xulgado do Penal número uno de Vigo. Por iso, pola suposta comisión de senllos delitos de quebrantamento de condena, os axentes procederon á súa detención.

Antes de realizar o traslado, someteuse ao home a un cacheo superficial no que os funcionarios atoparon un envoltorio plástico, que presumiblemente contiña cocaína. Posteriormente e sometido á proba de tóxicos, esta arroxou resultado positivo en anfetaminas, formulando así a correspondente denuncia administrativa.

ÚLTIMAS

Luisa Sánchez perfílase como candidata a presidir o PP de Vigo

O PP de Vigo celebrou este mércores unha xunta local na que decidiu solicitar...

Decenas de persoas piden en Vigo un marco galego do sector da construción para “negociar aquí e non en Madrid”

Decenas de persoas, convocadas pola CIG, concentráronse na mañá deste mércores en Vigo para reclamar...

Desmantelada unha rede que obrigaba a mozas venezolanas a prostituírse en pisos da cidade

Axentes da Policía Nacional desarticularon unha organización criminal dedicada á trata de seres humanos con fins...

Xulgados de Vigo admiten a trámite as primeiras demandas de afectados por motores PureTech de Stellantis

A Asociación de Afectados Stellantis (Afestel) polos motores PureTech anunciou que os xulgados de...