InicioSociedadeUn xulgado obriga ao Porto de Vigo a indemnizar a unha traballadora...

Un xulgado obriga ao Porto de Vigo a indemnizar a unha traballadora por vulnerar a súa “liberdade sindical”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Social número 5 de Vigo estimou a demanda dunha delegada da CIG pertencente ao comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) por vulnerar o dereito de “liberdade sindical”.

Segundo informou a CIG nun comunicado, a sentenza anula o nomeamento resultante dun proceso de mobilidade funcional cuxos criterios “cambiaron para deixar fóra á representante da central sindical, conculcando os principios de igualdade, mérito e capacidade”.

O fallo dos xuíces, contra o que se pode presentar recurso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tamén condenou ao Porto de Vigo a abonar á afectada as diferenzas salariais de todo o período que o traballador nomeado tras o proceso, agora anulado, estivo a desenvolver funcións de superior categoría, tarefas que realizou a partir do 8 de novembro de 2021.

Desde CIG lamentaron a “actitude discriminatoria” da APV coa “complicidade doutros sindicatos” ao cambiar o criterio establecido para as mobilidades funcionais, desmarcándose así do modelo de xestión por competencias regulado no convenio colectivo.

ÚLTIMAS

O TSXG condena o Concello de Vigo a pagar case 4,6 millóns ao Porto por incumprir o mantemento de ‘Abrir Vigo ao Mar’

Un convenio asinado hai máis de tres décadas para transformar e abrir ao público...

A Deputación comprométese co Mundial de Vigo, pero reclama a Caballero un plan real: “Non abonda” con calcular os custos

A aspiración de Vigo de converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol 2030...

A Xunta di que “non comparte nin motivos nin obxectivo” da manifestación de SOS Sanidade en Vigo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, amosou o seu "respecto" pola manifestación de...

Caballero presume dos turistas en outubro, “un 25% máis” que o ano pasado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este martes que a ocupación hoteleira durante...