InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo denuncia que o Concello deixou 23 colexios públicos...

O BNG de Vigo denuncia que o Concello deixou 23 colexios públicos sen persoal de portaría e vixilancia

"Isto é inaceptable. Están a obrigar ao profesorado e ao persoal de dirección dos diferentes colexios públicos a ter que asumir, de maneira improvisada e precaria, as funcións propias de conserjería", sinalou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou este martes que o Concello de Vigo deixou un total de 23 colexios públicos sen persoal municipal de portaría e vixilancia desde o pasado 1 de decembro.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, o partido nacionalista esixiu ao concelleiro de Educación, Gorka Gómez, que actúe para corrixilo con carácter urxente debido ao “grave prexuízo” que supón esta situación para o funcionamento dos centros.

“Isto é inaceptable. Están a obrigar ao profesorado e ao persoal de dirección dos diferentes colexios públicos a ter que asumir, de maneira improvisada e precaria, as funcións propias de conserxaría”, sinalou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas.

El mesmo tamén esixiu que desde o Concello de Vigo “se tomen todas as medidas necesarias para garantir de inmediato a reposición deste persoal esencial”.

Así mesmo, o líder do BNG de Vigo criticou que “nin a comunidade educativa nin os centros afectados teñan unha previsión oficial para a volta deste persoal de portaría e vixilancia”.

Neste sentido, Igrexas cuestionou que o goberno de Abel Caballero “estime solucionar esta carencia dentro de tres meses”. “Non podemos permitilo, menos nun contexto de pleno inverno onde temos que asegurar o correcto funcionamento dos sistemas de calefacción e o debido mantemento das instalacións”, reprochou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...