InicioSociedadeA UVigo presenta un proxecto europeo que permite converter residuos plásticos en...

A UVigo presenta un proxecto europeo que permite converter residuos plásticos en compoñentes para a industria marítima

A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo acolleu este xoves a xornada de peche do proxecto europeo 'Circular Sexas'

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (UVigo) acolleu este xoves a xornada de peche do proxecto europeo ‘Circular Sexas’ con representantes de todos os socios que forman parte dunha iniciativa liderada desde o centro tecnolóxico vasco Leartiker Polymer R&D.

Entre eles, atopábanse portavoces da Universidade Tecnolóxica de Munster (Irlanda), o Instituto Politécnico de Leiria (Portugal), a Universidade da Rochelle (Francia), a Communauté d’agglomération da Rochelle (Francia) e a propia UVigo, que participa no proxecto da man do grupo de Enxeñaría Eficiente e Dixital, dirixido polo profesor Xullo Garrido, que foi o encargado de dar a benvida aos asistentes á reunión.

Segundo informou o Diario Oficial da UVigo (DUVI), a iniciativa, financiada con preto de dous millóns de euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), comezou a comezos de 2020 coa idea de “desenvolver toda unha serie de tecnoloxías que permitisen converter os residuos plásticos oceánicos e do contorno marítimo portuario en compoñentes ecoinnovadores para a propia industria marítima”. Agora, tal e como sinalou o DUVI, o sistema “está listo” e “quedará dispoñible en repositorios abertos a partir do próximo mes de xaneiro”.

Para conseguilo, os socios do proxecto desenvolveron un contorno integrado de impresión 3D na que se lle dá ao usuario final a posibilidade de empregar infinidade de opcións, aditivos e mesturas de maneira que “non é preciso nin ser especialista en materiais nin en impresión 3D para poder crear material reciclado e imprimir novas pezas”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...