InicioVigo e contornaVigoAutorizada a humanización da Praza de San Mauro en Matamá de Vigo

Autorizada a humanización da Praza de San Mauro en Matamá de Vigo

A obra inclúe dous tipos de actuacións, as que corresponden a unha intervención sobre o espazo público e outras que corresponden a unha intervención sobre o edificio da capela con protección integral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deu autorización ao Concello de Vigo para que acometa as obras de humanización da Praza de San Mauro, situada na parroquia de Matamá.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, a autorización dos técnicos está suxeita a varias condicións que teñen que ser cumpridas no proxecto municipal.

En concreto, a obra inclúe dous tipos de actuacións, as que corresponden a unha intervención sobre o espazo público e outras que corresponden a unha intervención sobre o edificio da capela con protección integral.

Así, Patrimonio autorizou a actuación no relativo ás actuacións de acondicionamento da praza, incluíndo a nova conformación dos espazos, pavimentación, instalacións e mobiliario, excepto a pérgola proxectada e todos os elementos que soporta.

“A pérgola, pola súa dimensión, posición e materiais, non responde a eses criterios de integración e interfere na contemplación da capela que é, e debe seguir sendo, o elemento central que caracteriza este espazo e que debe ser apreciada sen elementos que interfiran na súa contemplación”, indicou Patrimonio.

Así mesmo, a autorización indica que as actuacións sobre a capela, incluso as de iluminación, deben ser obxecto dun proxecto específico de intervención, que terá que ser sometido a informe da Subcomisión de Conservación do Patrimonio Cultura da Igrexa católica en Galicia.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...