InicioSociedadeAbel Caballero critica a BNG e PP por "atacar" o Nadal: "Non...

Abel Caballero critica a BNG e PP por “atacar” o Nadal: “Non van conseguir frealo”

Marea de Vigo critica que o alcalde apunte como "inimigos da cidade" a calquera que pretenda facer as festas máis sustentables

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu este luns ao paso sobre as queixas de veciños da zona centro da cidade polo ruído xerado pola celebración do Nadal. Preguntado en rolda de prensa, despois de que se recolleron xa máis de 1.800 firmas en protesta, Caballero cargou contra a oposición, asegurando que a quen non lle gusta o Nadal é tanto ao Partido Popular como ao Bloque Nacionalista Galego (BNG).

“Dá igual as extensións que use o PP e o BNG. Dános exactamente igual. Non van conseguir frear nin un minuto o Nadal de Vigo”, reivindicou o rexedor olívico. Abel Caballero indicou que as festas enchen os hoteis e os restaurantes da cidade e que, ao seu xuízo, os vigueses están “absolutamente encantados”, tachando de “apéndices do PP e do Bloque” aos protestantes.

O ano que vén haberá aínda máis e mellor Nadal en Vigo e aínda virá máis xente que este ano”, sentenciou Caballero, tras informar de que a ocupación hoteleira deste fin de semana rozou o cheo, superando o 94%.

MAREA DE VIGO

Precisamente este luns, Marea de Vigo esixiu ao Concello que faga público se foron realizadas medicións acústicas para a instalación do mercadillo, a nora e as atraccións na zona do Arenal e na Praza de Compostela como indicaba o informe técnico municipal.

Marea de Vigo considera “ridículo” que calquera intento de grupos políticos da oposición, veciños afectados ou colectivos da cidade de facer unha campaña de Nadal sustentable coa vida e a mobilidade dos que viven todo o ano en Vigo sexa sinalado por Abel Caballero como “unha campaña de inimigos da cidade ou do Nadal”, polo que pediu “política de persoas maduras e sensatas” porque a urbe “non é un centro recreativo e de lecer nin casarío de ninguén”.

ÚLTIMAS

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla "máis grande da...

O BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a condena das “accións genocidas” de Israel en Gaza

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo levará unha moción para o...