InicioEconomíaZona Franca de Vigo organiza este venres unha xornada sobre responsabilidade social...

Zona Franca de Vigo organiza este venres unha xornada sobre responsabilidade social empresarial

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Zona Franca de Vigo organiza este venres, 2 de decembro, unha mesa de debate que sentará a empresas punteiras en responsabilidade social corporativa con organizacións e asociacións do terceiro sector para analizar por que esta estratexia xera valor para as compañías e para a sociedade.

Segundo explicou Zona Franca de Vigo nun comunicado, o obxectivo desta xornada é “servir de modelo a outras empresas e organizacións para que se inicien neste camiño de cooperación que contribúe ao desenvolvemento sustentable da contorna”.

A mesa de debate, titulada ‘A responsabilidade social empresarial como estratexia de cooperación entre actores’ desenvolverase no auditorio de Zona Franca entre as 09,00 e as 13,00 horas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...