InicioMedio Ambiente e PatrimonioA remodelación de Samil comezará tras o verán e custará 4 millóns

A remodelación de Samil comezará tras o verán e custará 4 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo aprobou a fase 1 das obras de remodelación do paseo da praia de Samil, que contará cun investimento de máis de 4 millóns de euros para actuar nuns 450 metros de longo, na zona pegada á praia de la Fuente.

Tal como informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o proxecto de cambio do paseo de Samil contará con tres fases. A primeira delas é a que xa foi aprobada, polo que comezará o proceso de licitación.

Prevese que en seis meses poida comezar a obra, que se executará nuns 10 meses. Por iso, o Concello atrasará o inicio ata finais do verán que vén, para non actuar na zona durante a época estival.

En concreto, esta iniciativa retranqueará o paseo uns 25 metros, gañando así Samil máis terreo de area. O novo camiño terá uns 12 metros de ancho, case o dobre que o actual. Ademais, o Concello humanizará toda a zona e creará máis prazas de aparcadoiro.

Caballero indicou que o actual muro de máis de tres metros do paseo de Samil é unha obra de hai medio século, polo que na actualidade “xa non se poden ter paseos así”, polo que defendeu que se retranquee ata 25 metros.

O rexedor olívico sinalou que esta actuación xa conta co visto e prace de Costas e que levará a cabo cun respecto “absoluto” ao medioambiente.

Ademais, Caballero explicou que a remodelación do paseo terá dúas fases máis. A pesar de que non deu prazos, si indicou que a terceira fase realizarase cando xa estea aprobado o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e suporá o traslado das pistas deportivas de tenis de Samil a outro lugar “próximo” pero non pegado á praia como o emprazamento actual.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...