InicioSociedadeO comité de Vitrasa impugnará os servizos mínimos "abusivos" do Concello na...

O comité de Vitrasa impugnará os servizos mínimos “abusivos” do Concello na folga

O persoal non descarga aumentar os paros se o Concello non rectifica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte público de Vigo, impugnará os servizos mínimos establecidos polo Concello olívico para os paros parciais convocados polos traballadores da compañía ao consideralos “abusivos”. Así o sinalou a representación dos empregados este venres, que lembrou que en ocasións anteriores o xulgado do Contencioso-Administrativo resolveu que eran “desorbitados” e que vulneraban o dereito a folga do persoal.

O presidente do comité, Imanol Arnoso (CIG), desmentiu as palabras do concelleiro de Fomento e Servizos, Franciso Javier Pardo, quen indicou que nesta ocasión os servizos mínimos son do 25% e non do 75% como din os sindicatos.

Con todo, Arnoso explicou que a pesar de que sobre o papel son do 25%, estes servizos mínimos obrigan os condutores a acabar os seus percorridos antes de parar, o cal pode durar ata 40 ou 50 minutos. Debido a que os paros son dunha hora, na práctica é unha “trampa” que imposibilita aos empregados realizar a folga.

Por iso, en declaracións a Europa Press, Arnoso indicou que se solicitará ao Concello que polo menos os empregados non teñan que recoller máis viaxeiros durante as horas de paro, só deixar no seu destino aos que xa estean dentro do bus. De non aceptar o goberno local esta condición, anuncian que valorarán incrementar a folga.

“Por todo isto, cando lemos o decreto pensamos que había un erro, xa que era a porcentaxe de servizos mínimos máis alto decretado nas últimas mobilizacións”, criticou, tras o que recoñeceu o “éxito” dos paros, que tiveron unha acollida “moi positiva” por parte do persoal de Vitrasa.

O BNG PIDE RECTIFICACIÓN

Pola súa banda, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, púxose ao lado dos traballadores e solicitou ao alcalde, Abel Caballero, que “rectifique” os servizos mínimos “abusivos” decretados para a folga de Vitrasa. “En lugar de actuar para protexer os dereitos do persoal, que presta un servizo público de titularidade municipal, o goberno de Abel Caballero insiste en vulnerar o exercicio dun dereito fundamental como a folga“, denunciou o nacionalista.

ÚLTIMAS

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

Fillas de Cassandra, Eladio y los Seres Queridos e The Rapants actuarán gratis en Castrelos no primeiro Fnac Live

Fnac España e o Concello de Vigo anunciaron a primeira edición de Fnac Live,...

Rueda reivindica en Navalia o papel referente da industria naval galega ante máis de mil empresas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mércores a feira internacional Navalia en...