InicioSociedadeFillas de Cassandra, Eladio y los Seres Queridos e The Rapants actuarán...

Fillas de Cassandra, Eladio y los Seres Queridos e The Rapants actuarán gratis en Castrelos no primeiro Fnac Live

Fnac España e o Concello de Vigo estrean o festival o 16 de agosto cun cartel de “sabor moi local” que tamén contará cun set de Bea Fernandes como DJ.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fnac España e o Concello de Vigo anunciaron a primeira edición de Fnac Live, que se celebrará o 16 de agosto no auditorio de Castrelos e reunirá sobre o escenario a Fillas de Cassandra, Eladio y los Seres Queridos e The Rapants. Así o confirmou este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen valorou que estes concertos de Fnac se distinguen polo seu “sabor moi local”.

Pola súa banda, o director xeral de Fnac España trasladou nun comunicado que a compañía está “encantada” de traer Fnac Live a Vigo e a un espazo como o auditorio de Castrelos, cun cartel que “celebra o talento galego”. A xornada musical do 16 de agosto, de acceso gratuíto, completarase cun set de Bea Fernandes como DJ, de Radar Estudios.

ÚLTIMAS

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Caballero critica que o AVE pare en Santiago: “Perde sete minutos e prexudica a Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a nova programación presentada polo...

O BNG de Vigo propón unha declaración institucional para condenar o ataque de Israel á flotilla humanitaria

O BNG de Vigo anunciou que este mércores levará á xunta de portavoces do...