InicioSociedadeAbsolto un home de Vigo de abusar sexualmente da súa neta cando...

Absolto un home de Vigo de abusar sexualmente da súa neta cando tiña 7 anos por falta de probas

O testemuño da menor "non reúne os requisitos esixidos jurisprudencialmente para desvirtuar a presunción de inocencia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi absolto dun delito de abuso sexual labor contra a súa neta cando esta tiña entre 7 e 9 anos debido a que o testemuño da menor “non reúne os requisitos esixidos jurisprudencialmente para desvirtuar a presunción de inocencia”.

Así o recolle a sentenza emitida pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que tamén absolve ao procesado doutro delito de abusos cometido contra outra muller, neste caso, por prescribir os feitos.

Na resolución xudicial, difundida este xoves polo TSXG e contra a que cabe recurso, o maxistrado recollen que a nena, nacida en 2005, quedaba ao coidado do seu avó de forma ocasional entre os anos 2011 e 2013, tempo no que a menor denunciou sufrir comentarios obscenos e tocamentos nos xenitais.

Segundo a sentenza, o testemuño da neta constitúe a única proba contra o acusado pero “non reúne os requisitos esixidos jurisprudencialmente para desvirtuar a presunción de inocencia”. Por tanto, determina que non existen “corroboracións obxectivas periféricas alleas ao propio testemuño da menor” para emitir unha resolución condenatoria.

No caso dos abusos cara a outra muller, o home estaba acusado de dar “un abrazo longo e forte contra o peito da denunciante e preguntarlle se podía levantarlle a camisa e verlle os peitos”.

Con todo, a audiencia absolve ao procesado ao entender que os feitos están prescritos, pois tiveron lugar no ano 2017, cando a vítima tiña xa 18 anos e, por tanto, era maior de idade.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...