InicioEconomíaCaballero asegura que a parte española do AVE Lisboa-Vigo está "igual de...

Caballero asegura que a parte española do AVE Lisboa-Vigo está “igual de avanzada polo menos” que a lusa

Afirma que a saída sur desde Vigo e a parte española do trazado están en fase de estudo de alternativas. Rueda celebra a aposta de Portugal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que “a parte española” do AVE Lisboa-Porto-Vigo” vai “igual de avanzada polo menos” que a portuguesa, e trasladou a súa satisfacción tras a presentación do proxecto en terras lusas por parte do primeiro ministro Antonio Costa.

Caballero mostrouse “encantado” do “entusiasmo” do Goberno de Portugal, e lembrou que “iso se decidiu” no cume ibérico de Garda. “Eu estiven alí, con Antonio Costa e Pedro Sánchez. Estiven presente naquela gran decisión”, remarcou.

Segundo asegurou, a saída sur desde Vigo e a parte española do trazado están en fase de estudo de alternativas, por tanto “está igual de avanzado polo menos que Portugal”. “Imos ao ritmo que hai que ir neste momento”, insistiu, e engadiu que, sobre esta cuestión, volverá falarse no cume ibérico de Viana a mediados de outubro.

Abel Caballero celebrou que, neste trazado, Vigo uedará nunha “posición ferroviaria estratéxica” e lembrou que “houbo algúns” que a deixaron fóra, en alusión a gobernos do PP.

Respecto diso, volveu denunciar que o PP na Xunta e no Goberno central deixou a cidade fóra das conexións coa Meseta e con Portugal. Naquel momento, incidiu, había un alcalde do BNG en Vigo (Lois Pérez Castrillo) que “vergonzosamente quedou calado”. “Se chego estar eu, monto unha lea que nos ouven”, proclamou.

Así, Caballero sinalou que haberá saída sur “en tempo e forma” e que tamén haberá conexión directa a Madrid por Cerdedo, que agora está en fase de estudo hidroxeolóxico, a pesar do atraso pola decisión do Executivo de Rajoy, co silencio de Feijóo na Xunta e do PP vigués.

P`RESIDENTE DA XUNTA

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou como unha “magnífica noticia” a aposta do Goberno de Portugal de impulsar a conexión por alta velocidade ferroviaria entre Porto e Vigo, polo que solicitou ao Executivo de Pedro Sánchez a mesma impliación.

“Estamos de parabéns”, respondeu o presidente galego este xoves, tras ser preguntado respecto diso. Segundo valorou, trátase dun anuncio de “prazos concretos” e con “firmeza”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...