InicioPolíticaMarea de Vigo e BNG piden bonificacións e axudas a familias vulnerables,...

Marea de Vigo e BNG piden bonificacións e axudas a familias vulnerables, fronte ao “ayusismo fiscal” de Caballero

PIden que se teña en conta aos colectivos máis desfavorecidos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo e BNG trasladaron este martes as súas propostas para a revisión das ordenanzas fiscais do Concello olívico de face ao exercicio 2023, e reclamaron medidas de bonificación e exención para colectivos e familias vulnerables, fronte ao “ayusismo fiscal” que, criticaron, practica o goberno municipal de Abel Caballero.

O portavoz de Marea, Rubén Pérez Correa, reclamou que as axudas para que os vigueses poidan paliar a situación de inflacción se apliquen en taxas como o IBI, as tarifas de transporte público, o recibo da auga ou do lixo, en lugar de implementar unha “tarifa plana sen control”, como a axuda de 205 euros anunciada polo alcalde para todas as familias, para a adquisición de libros de texto.

Marea de Vigo, que criticou a “improvisación permanente” do goberno local sobre o uso dos remanentes, lamentou que queira utilizar decenas de millóns en axudas que serán distribuídas “de forma lineal, sen ter en conta as necesidades de moitas familias”. E todo iso, a meses dunhas eleccións municipais, “utilizando os recursos públicos dun modo oportunista”.

Na mesma liña, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, defendeu a necesidade de implementar unha fiscalidade “socialmente xusta” na cidade, e criticou que o goberno local, que dispón de 135 millóns de euros de remanente e “deixará sen ejecuar” boa parte dos investimentos este ano, formula as ordenanzas fiscais do ano próximo con medidas “máis cosméticas que efectivas”, como a conxelación de taxas.

O concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, propuxo 43 emendas parciais ás ordenanzas fiscais que recollen, entre outras medidas, exencións e bonificacións a familias vulnerables (perceptores de Risga, Salario Mínimo Vital, PNC ou axudas sociais similares) en impostos como a auga, a taxa de vehículos ou a recollida de lixo.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...