InicioSucesosUn home, detido en Vigo tras agredir varias persoas nas festas de...

Un home, detido en Vigo tras agredir varias persoas nas festas de Coruxo

Tamén tivo lugar outra pelexa na vía pública entre cinco mozos na rúa Cruz Verde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.E.L.L. de Vigo e 38 anos de idade, foi detido na madrugada deste martes na cidade olívica tras agredir varias persoas nas festas da parroquia de Coruxo.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 02,10 horas, cando os axentes recibiron unha chamada alertando de que un home estaba a causar problemas e agredindo asistentes á festa.

Unha vez no lugar, o funcionariado tratou de tranquilizar o individuo, “que se mostraba moi agresivo”. Con todo, este negouse a colaborar e nun momento dado abalanzouse sobre un dos actuantes, polo que foi detido pola suposta comisión dun delito de atentado.

OUTRA PELEXA EN VIGO

Precisamente na madrugada do pasado sábado, sobre as 00,15 horas, tívose constancia doutra pelexa na vía pública entre cinco mozos na rúa Cruz Verde. Por iso, membros da Policía Local dirixíronse á zona en apoio á Policía Nacional, que localizara o vehículo dun dos homes implicados estacionado na Porta do Sol.

Por iso, procedeuse á denuncia administrativa por circular por zona peonil e practicóuselle un test de dogas, dando positivo en opiáceos e cocaína o dono do coche, L.P.M. de Vigo e 32 anos de idade.

ÚLTIMAS

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...