InicioEconomíaZona Franca de Vigo e Roberto Verino alíanse para impulsar a 'aceleradora'...

Zona Franca de Vigo e Roberto Verino alíanse para impulsar a ‘aceleradora’ VíaTextil

O propio deseñador asegura que procuran "conseguir que o sector téxtil galego siga sendo un sinal de identidade de Galicia a través de iniciativas como esta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede do Consorcio de Zona Franca de Vigo en Area acolleu este venres a presentación de VíaTextil, unha nova ‘aceleradora’ de innovación téxtil que porá en marcha o organismo estatal, da man de Roberto Verino Difusión S.A.

Segundo destacou o propio deseñador galego, a iniciativa está apoiada por un equipo con “ganas e moita ‘marcha’ para embarcarse en novos proxectos tan interesantes como este”, e engadiu que o “reto” que asume Verino ao presentarse a esta licitación era “conseguir que o sector téxtil galego siga sendo un sinal de identidade de Galicia, que hai que seguir proxectando con iniciativas como esta aceleradora”.

Así mesmo, subliñou que a aceleradora pode ser “o xerme de grandes cousas” nesta industria e permitirá coñecer de primeira man proxectos de emprendemento, axudarlles e “compartir sinerxías”.

O delegado de Zona Franca, David Regades, explicou que o progama está destinado a ‘startups’, empresas de recente creación e pemes que teñen potencial para crecer. “Buscamos proxectos liderados por equipos con talento, que unicamente necesitan un empuxón para crecer innovando e cunha estratexia definida”, sinalou, e puxo en valor a proposta de Verino, que presenta “un coñecemento profundo do sector” e as súas necesidades.

O próximo 3 de outubro abrirase a convocatoria, que estará aberta ata do día 28 dese mes, e en novembro publicarase a lista de persoas admitidas. Tamén en novembro se poñerá en marcha a aceleradora, cunha xornada de benvida aos 10 participantes seleccionados, e o proceso de ‘aceleración’ durará 7 meses.

O programa de VíaTextil contará cunha selección de 20 relatoras e relatores, todos eles profesionais de recoñecido prestixio, con ampla formación, expertos en desenvolvemento de negocio e estratexia empresarial, e cunha ampla traxectoria vinculada ao sector téxtil.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...