InicioSociedadeFalece en Vigo José Pereira Álvarez, fundador do grupo pesqueiro Pereira

Falece en Vigo José Pereira Álvarez, fundador do grupo pesqueiro Pereira

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou o seu pésame pola morte desta "persoa excepcional" e "empresario singular".

PUBLICADO O

- Advertisement -

José Pereira Álvarez, empresario do sector da pesca e fundador do Grupo Pereira, faleceu en Vigo aos 97 anos de idade. Pereira Álvarez puxo as primeiras pedras deste gran grupo pesqueiro nos anos 50 do século pasado, cando comezou a súa actividade como armador con embarcacións artesanais que faenaban principalmente no Atlántico Norte (Gran Sol).

Co paso dos anos, a frota de Pereira ampliouse e modernizouse, e chegou ata outros caladoiros tras acordos con terceiros países. Así, mediante a creación de empresas mixtas con socios locais, os barcos do grupo empezaron a faenar en augas de Namibia, Senegal ou Malvinas.

Paralelamente, Pereira estendeu a súa acción cara a outras actividades, cubrindo todas as áreas da cadea mar-industria, desde a pesca ata a venda. Actualmente, conta cunha vintena de buques que faenan en caladoiros de Mauritania, Senegal, Namibia, Suráfrica ou Malvinas.

O Grupo Pereira está integrado por unha vintena de firmas que abarcan pesca, elaboración, comercialización, almacenamento e distribución de produtos do mar, así como a firma de conservas Portomar. Con máis de 1.000 empregados, atópase no ‘top 10’ das principais empresas do sector pesqueiro español, e o seu volume de facturación é de 170 millóns de euros, estando presente en varios países.

PÉSAME DE ABEL CABALLERO

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este luns o seu pésame polo falecemento desta “persoa excepcional” e “empresario singular”, que “fundou unha gran empresa de pesca”, que se converteu “nunha das grandes de España e de Europa”.

O rexedor olívico, que destacou a “dimensión humana e a capacidade de tratar aos seus traballadores” de Pereira Álvarez, puxo en valor a “atención” que este empresario prestou á cidade e ao crecemento da súa economía.

Tras expresar o seu “pésame” á familia, Caballero constatou que Vigo “perde a unha persoa excepcional”, pero o seu legado continuará “no recordo e na saga xeracional que leva adiante o gran grupo de pesca Pereira”.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...