InicioSociedadeUn xulgado de Vigo exonera da súa débeda unha veciña que perdeu...

Un xulgado de Vigo exonera da súa débeda unha veciña que perdeu o seu emprego na pandemia

A afectada presentou demanda para declararse en concurso e solicitou acollerse á 'lei de segunda oportunidade'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo ditou un auto no que acorda exonerar unha veciña da cidade do pago de débedas que ascendían a máis de 38.000 euros, ao acollerse á ‘lei de segunda oportunidade’ e tras perder o seu emprego durante a pandemia.

Segundo informou a Asociación de Axuda ao Endebedamento, esta muller acudiu a esta organización tras divorciarse e tras perder o seu emprego durante a pandemia. A súa situación de paro, cun subsidio de pouco máis de 450 euros, facíalle imposible afrontar o pago dos créditos contraídos durante o seu matrimonio (e que debía abonar tras divorciarse, ao estar casada en réxime de gananciais) e a manutención dos seus fillos.

No auto do xulgado, datado o pasado 21 de xullo de 2022, recóllese que a muller cumpre os requisitos legais para acollerse ao Beneficio de Exoneración do Pasivo Insatisfeito. Así, explicou a Asociación de Axuda ao Endebedamento, tras o divorcio, esta veciña de Vigo viu agravada a súa situación durante a pandemia, ao perder o seu emprego, e acudiu á organización para buscar que, ou ben se lle reducise a débeda, ou ben fose exonerada o pago.

Os letrados acudiron ao xulgado para notificar a situación de insolvencia da afectada e, a continuación, expuxeron no seu nome unha proposta de acordo aos acredores (bancos e entidades financeiras). Este trámite fíxose ante notario para que queda constancia da boa fe da muller, aínda que a proposta non foi aceptada.

Finalmente, a afectada presentou demanda para declararse en concurso e solicitou acollerse á ‘lei de segunda oportunidade’. O auto do xulgado vigués aceptou a súa petición, dado que o propio administrador concursal xa reclamara a “conclusión do concurso por insuficiencia da masa activa” sen que se presentasen alegacións en contra.

Ademais, a muller cumpría os requisitos para ser exonerada, dado que non podía afrontar os pagos da débeda cos seus ingresos, tentou un acordo extraxudicial e pagara os créditos contra a masa (non exonerables).

Por iso, o xulgado vigués acordou a conclusión do concurso e a exoneración do pasivo non satisfeito por esta veciña (excepto créditos de dereito público e por alimentos), á vez que estableceu que os acredores non poderán iniciar ningún tipo de acción fronte á debedora para cobralos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...