InicioDeportesMarta Fernández-Tapias inaugura unhas regatas patrocinadas pola Xunta

Marta Fernández-Tapias inaugura unhas regatas patrocinadas pola Xunta

Destaca o "intercambio cultural" dos peregrinos con Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, deu este mércores o primeiro pistoletazo de saída á 59º edición da regata Rías Baixas-Xacobeo, que se disputará entre o 10 e o 14 de agosto nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Nun acto celebrado no embarcadoiro do Real Club Náutico de Vigo, a representante autonómica destacou a longa traizón da que é unha das probas náuticas máis emblemáticas da cidade olívica.

“A máis antiga por etapas de España, entre as de maior relevancia do país e na que compite a frota de cruceiros máis importante e popular do noroeste peninsular”, reivindicou Fernández-Tapias, segundo recolle o Goberno autonómico nun comunicado.

Neste sentido, defendeu o compromiso da Xunta de afianzar o liderado de Galicia no foco mundial da náutica e do turismo, destacando a importancia do Xacobeo e pedindo axuda neste sentido aos participantes para “difundir os seus valores nos distintos portos costeiros, para fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitantes”.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...