InicioVigo e contornaVigoDetido un home en Vigo tras agredir á súa parella

Detido un home en Vigo tras agredir á súa parella

A muller tivo que fuxir da vivenda que comparte co suposto agresor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, F.L.O. de Vigo e 31 anos de idade, foi detido en Vigo na madrugada do pasado luns tras agredir á súa parella, que foi atopada tirada na rúa coa cara ensanguentada. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 02,10 horas, cando os axentes recibiron unha chamada alertando da existencia dunha muller tirada na intersección da rúa Urzaiz con Estremadura coa cara ensanguentada.

Unha vez no lugar, os funcionarios entrevistáronse coa vítima, que indicou que saíra a tomar algo coa súa parella e ao volver a casa tiveran unha forte discusión, durante a cal o agora detido a golpeara, provocándolle lesións na cara e nos brazos. Ademais, segundo o seu relato, nun momento de distracción do individuo, ela foi capaz de escapar da vivenda.

Tras ser atendida polos servizos sanitarios, que a trasladaron ao hospital Álvaro Cunqueiro, os axentes acudiron ao piso da parella, quen recoñeceu ter unha discusión coa muller, durante a cal se chegaron a agredir “mutuamente”. Por iso, foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...