InicioEconomíaA CIG leva Stellantis Vigo ao xulgado polos "incumprimentos" en igualdade retributiva

A CIG leva Stellantis Vigo ao xulgado polos “incumprimentos” en igualdade retributiva

O sindicato denuncia que na empresa hai diferenzas salariais entre homes e mulleres "superiores ao 25 % en moitos conceptos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Social 2 de Vigo acolleu este mércores un xuízo pola demanda interposta polo sindicato CIG contra o rexistro retributivo presentado por Stellantis en 2021 e neste 2022, ao entender que incumpre a normativa básica en materia de igualdade retributiva.

Segundo informou o sindicato nacionalista, este rexistro é unha ferramenta para lograr a igualdade retributiva, e profunda no principio de transparencia “para que se poidan detectar as carencias nas empresas” nesta materia. A técnica de Igualdade da CIG, Ester Mariño, subliñou o “compromiso” da central coa eliminación da brecha de xénero no ámbito laboral e a eliminación da discriminación.

Nese sentido, sinalou que Stellantis “non é a única empresa que fai un ‘paripé’ e presenta un documento con moitas carencias legais para cumprir con esta obrigación”. Por iso, lamentou que as empresas “non toman en serio” este tipo de ferramentas de promoción da igualdade. “Tentan cubrir simplemente o trámite legal sen negociación, e mediante un proceso oscurantista”, denunciou Mariño, quen advertiu de que a CIG permanecerá “vixiante” ante este tipo de prácticas.

No caso de Stellantis, criticou que “o único que fai é elaborar o documento de rexistro e presentalo, sen que a representación do persoal teña ningunha capacidade de decisión sobre como se van presentar ou recoller ese tipo de datos”.

A empresa, explicou, calcula a brecha salarial en base ao salario/hora, polo que non se teñen en conta aquelas que afectan os contratos temporais ou parciais, ou ás que afectan a quen fan uso do seu dereito á conciliación familiar. Así mesmo, abundou, quedan fóra do rexistro as persoas con contratos temporais de menos de 90 horas, entre as que hai unha elevada porcentaxe de mulleres.

Finalmente, a CIG denunciou que, a pesar do seu “intento de ocultar a realidade”, en Stellantis Vigo hai diferenzas salariais entre homes e mulleres “superiores ao 25 % en moitos conceptos”

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...