InicioSociedadeZona Franca de Vigo presenta o Ranking Ardán de Empresas Intelixentes de...

Zona Franca de Vigo presenta o Ranking Ardán de Empresas Intelixentes de Galicia

Está encabezado pola viguesa Hermasa Canning Technology.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio da Zona Franca de Vigo presentou este mércores o Ranking Ardán de Empresas Intelixentes de Galicia, coas 25 compañías mellor situadas neste ámbito, e que encabeza a viguesa Hermasa Canning Technology.

O acto de presentación estivo presidido polo delegado de Zona Franca, David Regades; xunto co coordinador do estudo, o catedrático da UVigo, Xosé H. Vázquez; e a coordinadora da Cátedra Ardán, Belén Feijóo, entre outros. Tamén participaron representantes das empresas Igalia e Marinne Instruments, que ocupan un lugar entre os primeiros postos nesa listaxe.

Regades sinalou que a intención de Zona Franca coa publicación deste ranking é “difundir a marca ‘empresa intelixente’ na armazón produtiva galego”, para que cada ano haxa máis compañías preocupadas non só polas cuestións económico-financeiras, senón por outros “valores relacionados coa xustiza social ou o coidado do medioambiente”.

Pola súa banda, o catedrático Xosé H. Vázquez, explicou que “o perfil dominante de empresa intelixente en Galicia é o dunha organización intensiva en coñecemento e, particularmente, vinculada ás tecnoloxías da información e comunicación“. Outros perfís presentes son os asociados ao coidado do medioambiente e/ou de tecnoloxía media/baixa, pero con modelos de negocio en forte crecemento, onde a innovación e a apertura a novos mercados marca a diferenza entre o novo e o tradicional, engadiu.

Ardán denomina ‘Empresas Intelixentes’ a aquelas que mellor combinan a súa capacidade de negocio coa de xerar crecemento económico sustentable e inclusivo no futuro.

A selección de empresas do estudo está formada por 1.200 compañías galegas que teñen un valor engadido bruto por empregado sostido nos últimos cinco exercicios. Así, analizáronse variables como rendibilidade financeira, investimento en I+D+i, internacionalización, equilibrio de xénero ou salarios medios, entre outras.

As 25 Empresas Intelixentes de Galicia, segundo este ranking de Ardán son: Hermasa Canning Technology, Igalia, Rodicut Industry, Marine Instruments, Inproafe, Garaysa Montaxes Eléctricas, Alibos Galicia, Xestión do Valor e Solucións, Técnicas en Instalacións Renovables, Galchimia, Elecpor Instalacións e Mantemento, Servizo de Consulta de Procesos Ozona, Galventus Servizos Eólicos, CZ Veterinaria, Ártabro Samdeu, Metalúrxica do Deza, Atlas Bus, Electroson Galicia Industrial, Mestrelab Research, Polirros, Tarlogic Security, Alumisel, Genesal Energy IB e Mecanizados Castro Galicia.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

A viguesa Dani Dicostas leva o pop galego ao Benidorm Fest 2027 como única candidata de Galicia

RTVE anunciou os 18 artistas que competirán pola Sirenita de Ouro na sexta edición...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...