InicioSociedadePresentación na UVigo do centro de investigación interuniversitaria Ecobas, especializado en sustentabilidade

Presentación na UVigo do centro de investigación interuniversitaria Ecobas, especializado en sustentabilidade

Os responsables de Ecobas lembraron os logros dos centros así como os seus retos futuros. Así, entre 2017 e 2021, Ecobas captou máis de 12,5 millóns de euros e realizou 216 publicacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Facultade de Económicas da UVigo acolleu este martes a presentación institucional do centro de investigación interuniversitaria Ecobas, que naceu como agrupación estratéxica hai uns anos, e cuxo eixo de traballo céntrase na sustentabilidade, tanto económica, como ambiental e social.

Economics and Business Administration for Society (ECOBAS) deu o ‘salto’ para transformarse en centro de investigación a finais de 2021, coa firma dun convenio entre a UVigo, a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela; e a principios de 2022 un comité avaliador valorou todas as solicitudes recibidas de persoal investigador, acordando a incorporación de 84 profesionais das universidades galegas.

Este martes, no campus de Vigo, tivo lugar a súa presentación ‘en sociedade’, nun acto que contou coa presenza do reitor vigués, Manuel Reigosa; o reitor da UDC, Julio Abalde; o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijóo. Tamén asistiron o director do centro, o catedrátido de Matemáticas da UVigo, Carlos Hervés, e a súa directora científica, María Loureiro.

Os responsables de Ecobas lembraron os logros dos centros así como os seus retos futuros. Así, entre 2017 e 2021, Ecobas captou máis de 12,5 millóns de euros e realizou 216 publicacións.

Carlos Hervés avanzou que, pese ao balance positivo, quedan dúas cuestións que resolver no curto ou medio prazo: a obtención do recoñecemento e a acreditación do centro por parte da Xunta de Galicia, que solicitarán este mes de xullo; e por outra banda, a solicitude dunha axuda de financiamento na convocatoria que publique a administración autonómica.

María Loureiro explicou que o eixo central de traballo do centro é a sustentabilidade “entendida nun sentido amplo, é dicir, non só desde o punto de vista económico senón tamén desde o ambiental e o social”. Eses son o tres alicerces sobre os que se desenvolve a Axenda Científica de Ecobas, que conta con 12 prioridades específicas como as finanzas sustentables, a economía pública e rexional, a economía da saúde, a equidade, inclusión social e benestar, a transición enerxética e descarbonización ou a economía circular.

Pola súa banda, o Plan Estratéxico do centro está deseñado para alcanzar cinco obxectivos principais: exercer un liderado científico no estudo da sustentabilidade, captar e potenciar o talento investigador, fomentar e potenciar unha formación de calidade e a súa internacionalización, promover unha maior visibilidade e recoñecemento internacional, e conseguir un maior impacto e proxección económica e social. “Con estes obxectivos en mente deseñouse un plan organizado ao redor de oito eixos de acción: Ecobas Research, Ecobas Training, Ecobas Talent, Ecobas Society, Ecobas International, Ecobas Open Science & RRI, Ecobas Communication e Ecobas Management”, explicou Carlos Hervés.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...