InicioEconomíaUPTA urxe un "plan de substitución xeracional" para o comercio e a...

UPTA urxe un “plan de substitución xeracional” para o comercio e a hostalaría en Vigo

O sindicato empraza o Concello de Vigo a actuar para garantir a continuidade dos negocios tradicionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) alertou este mércores sobre unha tendencia demográfica preocupante nos sectores crave da economía da comarca de Vigo, sinalando a necesidade urxente de implementar un “plan de substitución xeracional” para o comercio e a hostalaría. O presidente de UPTA, Eduardo Abad, compareceu en rolda de prensa para debullar a situación do colectivo e as súas principais preocupacións.

Segundo os datos achegados pola central, a comarca viguesa rexistra actualmente case 27.600 autónomos, o que supón un lixeiro incremento interanual do 0,41 %. Con todo, mentres que a afiliación aumenta noutras áreas, especialmente en actividades profesionais e servizos para empresas, obsérvase un descenso no número de afiliados nos sectores tradicionais do comercio e a hostalaría. Abad subliñou que esta tendencia é alarmante: un 25 % dos traballadores por conta propia nestes dous sectores teñen xa máis de 63 anos, o que pon en risco a continuidade de moitos negocios locais. Por iso, UPTA urxiu a creación dun plan específico e avanzou que presentarán esta petición directamente ao alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Por outra banda, o presidente de UPTA amosou o seu profundo malestar ante a decisión do Goberno central de aprazar a 2027 a entrada en vigor do sistema de facturación electrónica ‘Verifactu. Abad criticou as “idas e vindas do Goberno”, que só xeran “confusión e desconfianza”, e lembrou o “esforzo” que fixeron os autónomos para adaptar os seus negocios. Cualificou a paralización como “inexplicable”, xa que a súa implantación fora acordada previamente con axentes sociais e organizacións de autónomos. No entanto, UPTA advertiu que ‘Verifactu’ non será unha ferramenta eficaz na loita contra a fraude, pois non pode actuar “contra quen non emite facturas”.

Finalmente, Eduardo Abad mencionou a “insoportable carga fiscal” que sofren os traballadores por conta propia. Propuxo á Xunta de Galicia unha rebaixa de 5 puntos no IRPF, o que suporía unha redución da presión media duns 600 euros anuais. Tamén fixo fincapé na urxencia de deseñar un novo sistema de cotizacións á Seguridade Social para mellorar as pensións do colectivo, xa que os autónomos xubilados cobran unha media de 600 euros menos ao mes que os traballadores por conta allea. Abad advertiu que conxelar a base de cotización só fará que a brecha pensional se agrande aínda máis.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...