InicioSucesosIdentificados seis furtivos que aproveitaron a superlúa para extraer ameixa en Vigo

Identificados seis furtivos que aproveitaron a superlúa para extraer ameixa en Vigo

As operacións foron realizadas no marco do servizo de control e apoio á Garda Rural da Confraría de Pescadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo informou de varias actuacións nos últimos días que permitiron interceptar a seis furtivos que aproveitaron a superluna de xuño, que provoca que as mareas baixas sexan moi grandes, para extraer ameixa. Foron realizadas no marco do servizo de control e apoio á Garda Rural da Confraría de Pescadores.

Así, o pasado día 14 ás 23,50 horas, o Garda Rural na playade a Punta interceptou a un furtivo : J. C. F. M, de Vigo e 58 anos de idade, cunha bolsa de ameixa, que intervida arroxou un peso de 2 quilos.

Ao día seguinte, localizouse na praia da ETEA a dous homes recollendo ameixa e introducíndoa en bolsas plásticas, para posteriormente introducilas nunha mochila negra.

Á saída da auga foron interceptados pola Garda Rural séndolles intervidas as ameixas, que arroxaron un peso de 3,345 quilos e ferramentas para a súa extracción. Foron identificados M. A. M., de Vigo e 77 anos de idade ,e F. B. R, tamén de vigo e 50 anos de idade.

O día 16, ás 13,00 horas, foron observadas na praia da Lagoa tres persoas. Dous homes tiñan a ameixa amontoada na area para o seu posterior recollida, que unha vez incautada, deu un peso de 1,720 quilos. Identificados resultaron ser : J. M. F, de Vigo e 48 anos de idade e M. B. A, tamén de Vigo e 44 anos de idade.

Na zona das rochas, unha muller collía a ameixa meténdoa nunha bolsa de rede, arroxando o material ocupado un peso de 3,880 quilos. A identificada foi M. M. F, de Vigo e 73 anos de idade, sendo a ameixa devolta ao mar polo Garda Rural.

De todas as actuacións encárgase á Garda Rural dar conta á autoridade competente para sanción e entregar os utensilios intervidos.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...