InicioSociedadeA UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A demanda volve superar a oferta nos tres campus, con Pontevedra á cabeza cun 106 % de ocupación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na matrícula de novo ingreso de grao, segundo confirmou a reitora, Carmen García Mateo, ao Consello de Goberno do centro. Tal como recolle o diario da universidade (DUVI), un curso máis a demanda de prazas de matrícula de novo ingreso superou a oferta, rexistrándose 3.883 matrículas fronte ás 3.754 prazas ofertadas nos tres campus. “Hai sobrematrícula nalgúns graos”, apuntou este luns García Mateo no seu informe, destacando a importancia de axustar a oferta á demanda.

É o campus de Pontevedra o que contabilizou unha maior taxa de ocupación, cun 106 % e 820 alumnos matriculados. Pola súa banda, Ourense quedou cun 103 % e 1.050 alumnos, mentres que Vigo alcanzou un 102 %, con 2.013 prazas ocupadas das 1.967 ofertadas. Ademais, en canto aos datos de máster, aínda que aínda falta un prazo de matrícula extraordinario, a ocupación supera xa o 86 % das prazas dispoñibles.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...