InicioEconomíaStellantis Vigo anuncia novos paros pola falta de aprovisionamentos

Stellantis Vigo anuncia novos paros pola falta de aprovisionamentos

O director da factoría, Ignacio Bueno, indica que a escaseza de microchips se estenderá ata polo menos o ano que vén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis anunciou finalmente novos paros para os últimos días do mes de xuño ante a falta de aprovisionamento de determinadas pezas necesarias para a produción dos seus vehículos.

En concreto, a compañía informou de que será necesario cancelar a actividade do Sistema 1 da planta de Balaídos en todas as quendas os días 29 e 30 de xuño (mércores e xoves da semana que vén). A previsión é que esta liña, onde se montan os Peugeot 301 e 2008 e o Citroën C-Elysée, se reactive a partir do venres, 1 de xullo, na quenda das 06,00 horas.

Todo iso a pesar de que hai uns días Stellantis Vigo asegurase que o aprovisionamento de pezas que estaba en risco e que afectaría de cara a final deste mes mellorara, polo que anunciou que os días 30 de xuño e 1 de xullo serían laborables (nas previsións anteriores estaban marcados como días de parón). Con todo, isto volveu cambiar e agora parará o Sistema 1 os días 29 e 30 de xuño.

Esta mesma semana, o director da factoría, Ignacio Bueno, indicou tamén que a escaseza de microchips, un compoñente necesario para os modelos de Stellantis, se estenderá ata polo menos o ano que vén. Con todo, terá un “menor impacto” na produción que en meses anteriores.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...