InicioSociedadeA programación da Ruta Iacobus Maris 2022 incluirá concertos, casetas con comida...

A programación da Ruta Iacobus Maris 2022 incluirá concertos, casetas con comida ou visitas aos veleiros en Vigo

Os 11 veleiros que conmemorarán a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago partirán este domingo desde Xénova (Italia) e chegarán a Galicia o próximo 22 de xullo, tocando os portos de Valencia (do 1 ao 3 de xullo), Sevilla (do 8 ao 10 de xullo) e do Porto (do 16 ao 19 de xullo).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama, presentaron este mércores o Village da Ruta Iacobus Maris 2022, que converterá a Vigo durante catro días no porto basee da ruta xacobea máis longa da historia.

O evento, que levará a cabo entre o 21 e o 24 de xullo, contará cunha programación festiva que coincidirá coa chegada dos veleiros á cidade. Catro días de actividades para nenos e maiores, con casetas de comida e bebida, concertos na noite do venres e do sábado e visitas guiadas aos barcos que atracarán na tarde do venres 22 de xullo.

“Queriamos implicar a toda a cidadanía viguesa nun dos eventos máis esperados deste Xacobeo 21-22, o regreso a Vigo dos grandes veleiros, un espectáculo único que Vigo non vive desde hai moitos anos e que grazas á implicación da Xunta poderemos gozar de novo”, subliñou Fernández-Tapias, quen avanzou que se están preparando catro días de festa para que todos os veciños participen na Iacobus Maris.

Os 11 veleiros que conmemorarán a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago partirán este domingo desde Xénova (Italia) e chegarán a Galicia o próximo 22 de xullo, tocando os portos de Valencia (do 1 ao 3 de xullo), Sevilla (do 8 ao 10 de xullo) e do Porto (do 16 ao 19 de xullo).

“Eventos como esta ruta marítima contribúen de forma decisiva e sen lugar a dúbida a colocar a Galicia no mapa e a Vigo no lugar que se merece neste dobre Ano Santo”, engadiu Fernández-Tapias.

Pola súa banda, Cardama destacou que a Iacobus Maris é unha oportunidade para vivir o Camiño de Santiago dunha forma diferente e vivir unha experiencia “inesquecible”.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...