InicioSucesosDeteñen en Vigo un home como presunto autor dun delito de violencia...

Deteñen en Vigo un home como presunto autor dun delito de violencia machista

A vítima presentaba un negrón de gran tamaño na parte inferior do ollo esquerdo, indicando que o home a proxectou contra un armario, que tiña a porta totalmente desencaixada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo na cidade a un home, I.G.D. de 39 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras agredir á súa parella, de 25 anos, na rúa García Barbón.

Foron os veciños os que alertaron aos axentes do incidente, tras escoitar unha forte discusión de parella. Unha vez no lugar, testemuñas presenciais facilitaron a descrición do home, que segundo contaron propinara unha puñada á muller, que estaba nun domicilio próximo.

Alí, tal como informou a Policía Local, os actuantes entrevistáronse coa vítima, que presentaba un negrón de gran tamaño na parte inferior do ollo esquerdo, indicando que o home a proxectou contra un armario, que tiña a porta totalmente desencaixada.

Por ese motivo, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...