InicioSociedadeVigo acolle unhas xornadas por unha "avogacía digna e independente"

Vigo acolle unhas xornadas por unha “avogacía digna e independente”

O evento contará coa participación de case un centenar de avogados dos 83 Colexios de Avogacía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá este xoves e venres a primeira edición das Xornadas de Defensa e Protección da Defensa da Avogacía, que se celebrarán baixo a lema “Avogacía digna e independente” nas instalacións do Real Club Celta.

Durante as sesións abordaranse temas “que afectan á calidade e eficacia do dereito da defensa” como poden ser as inxerencias, o intrusismo, a liberdade de expresión, os atrasos nas visitas, a conciliación ou as brechas na defensa –tecnolóxicas e de xénero–.

A xornada inaugurarase este xoves, 16 de xuño, ás 10,00 horas coas intervencións da presidenta do Consello Xeral da Avogacía, Victoria Ortega; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez; e a decana do Colexio de Avogados de Vigo e presidenta da Comisión de Defensa dos Dereitos e Intereses Profesionais da Avogacía do Consello, Lourdes Carballo.

O evento, organizado polo Consello xeral da Avogacía Española e o Colexio de Avogados de Vigo, contará coa participación de case un centenar de avogados dos 83 Colexios de Avogacía.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...