InicioEconomíaO inicio das obras do ascensor 'Halo' xa teñen data: agosto

O inicio das obras do ascensor ‘Halo’ xa teñen data: agosto

O goberno vigués adxudica o proxecto por 12,5 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este martes a adxudicación do proxecto para construír a conexión peonil entre Serafín Avendaño e Vía Norte, que inclúe a instalación dunha gran torre con dous ascensores e unha pasarela circular que sobrevoará a autoestrada AP-9, coñecido como o proxecto ‘Halo’, por un importe de 12,56 millóns de euros.

Segundo informou en rolda de prensa o rexedor olívico, o proxecto, adxudicado este martes nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, inclúe unha serie de melloras no cerramento de vidro, a carpintaría ou a integración paisaxística. Así mesmo, subliñou, dos 12,56 millóns do custo da obra, “o goberno de España, Pedro Sánchez, paga case a metade (case 6 millóns de euros)”, coa asignación de fondos da UE.

O rexedor mostrou a súa satisfacción pola adxudicación deste proxecto e sinalou que, nuns 15 días, formalizarase o contrato, que poderá ser asinado no mes de xullo, de maneira que os traballos de construción poderán empezar en agosto. “Imos a uña de cabalo, en tempo e forma, nunha das grandes obras de Europa. O ascensor ‘Halo’ vai dar a volta ao mundo. É excepcional”, proclamou Caballero.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...