InicioEconomíaO persoal da conserveira Albo en Vigo trasladarase a Salvaterra a comezos...

O persoal da conserveira Albo en Vigo trasladarase a Salvaterra a comezos de outubro

Aprobouse un plus para os traballadores de 110 euros mensuais, así como autobuses para o desprazamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os 135 traballadores da conserveira Albo en Vigo trasladarase a comezos de outubro á nova fábrica da empresa en Salvaterra de Miño tras o acordo alcanzado co persoal, o cal inclúe diferentes incentivos.

Segundo explica a Europa Press o secretario de Política Industrial de CC.OO., Pedro Comesaña, “negociouse como un traslado de todos os traballadores e non como unha mobilidade xeográfica” ao tratarse dun desprazamento de máis de 30 quilómetros, que “lles vai a cambiar unhas condicións sociais e de vida dunha maneira importante”, dado que “a maioría do persoal vive en Vigo”.

Así, negociouse coa empresa un plus para os traballadores de 110 euros mensuais, así como autobuses para o desprazamento, ademais de instaurar unha pausa de descanso de 12 minutos a metade da xornada que antes non tiñan.

Igualmente, prevense 28 prexubilacións, polo que haberá a conversión de 28 contratos de oficiais de segunda a oficiais de primeira. Ademais, pese ao peche da planta de Vigo e o traslado a Salvaterra, o persoal conservará os festivos da cidade olívica, pois era unha das demandas que se facían.

A pesar de que o traslado do persoal prevíase inicialmente para antes do verán, “problemas para terminar a nave” en Salvaterra levaron a que se aprace ata comezos de outubro. Todo iso nun contexto de anuncio de peche da conserveira de Albo en Celeiro, á espera das negociacións previstas pola intención da compañía de centralizar a produción nos seus terreos de Salvaterra, despois de que a conserveira fose comprada pola chinesa Xangai Kaichuang en 2016.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...