InicioSucesosA Garda Civil pide a colaboración cidadá para localizar ao condutor dun...

A Garda Civil pide a colaboración cidadá para localizar ao condutor dun coche que ocasionou un accidente na A-52

Un coche que se incorporaba á A-52 procedente da estrada N-120 no Alto do Confurco e interceptou a marcha dunha motocicleta que circulaba na mesma dirección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil solicitou colaboración cidadá para localizar ao condutor dun turismo que ocasionou un accidente cunha motocicleta na autovía A-52 á altura do concello pontevedrés do Porriño.

Tal como informou a Benemérita nun comunicado, os feitos ocorreron o pasado sábado, día 28 de maio, sobre as 16,45 horas no quilómetro 302 da citada autovía nos carrís con dirección O Porriño.

Alí, un coche incorporouse á A-52 procedente da estrada N-120 no Alto do Confurco e interceptou a marcha dunha motocicleta que circulaba na mesma dirección. Así, impactou coa moto de forma lateral, provocando unha saída da vía do vehículo de dúas rodas, que acabou chocando contra o valo da mediana.

A pesar de todo, o condutor do turismo continuou a marcha sen auxiliar ao motorista, que resultou ferido grave, sendo evacuado a un centro hospitalario.

O equipo de Atestados do Destacamiento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, xunto co equipo do Grupo de Investigación e análise de Tráfico de Pontevedra están a realizar as xestións necesarias para a localización do condutor causante do accidente.

Ademais, solicitouse axuda cidadá para tratar de dar con el, polo que se pode achegar calquera dato ao teléfono de contacto 626683730.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...