InicioSociedadeO BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

A formación nacionalista acusa o goberno de Abel Caballero de mentir sobre a atención ás persoas desaloxadas da antiga nave de Pescanova e reclama un dispositivo de emerxencia habitacional inmediato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da antiga nave de Pescanova en Beiramar, “a práctica totalidade” das persoas sen fogar que vivían alí continúan en situación de rúa, sen que nin o Concello nin a Xunta lles ofreceran unha alternativa habitacional real. Nun comunicado remitido aos medios, a formación nacionalista desmentiu o “discurso oficial” do goberno de Abel Caballero, que trasladara que as persoas desaloxadas foran atendidas polos servizos municipais.

“Temos constancia de que máis dunha vintena de persoas seguen durmindo na rúa, o que evidencia que o goberno local mentiu e abandonou estas persoas á súa sorte”, denunciou o portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas. Segundo subliñou, o Concello ten a “obriga legal” de atender as situacións de emerxencia social e cualificou de “incendiarias” as declaracións da concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, quen asegurara que a inmensa maioría das persoas afectadas por ese desaloxo rexeitou os recursos postos á súa disposición.

Pérez Igrexas acusou a Aguiar de “faltar á verdade, criminalizar os colectivos sociais e revitimizar as persoas máis vulnerables”. “O discurso de que quen está na rúa é porque quere é un mantra infame e inaceptable”, sinalou o portavoz do BNG, que lembrou que en Vigo hai máis de 350 persoas sen fogar, segundo “datos oficiais do propio Concello”. Así mesmo, recordou que o único albergue municipal dispón de “apenas 38 prazas” e ten unha “limitación de estancia de 15 días”, e avanzou que solicitará información detallada sobre as xestións do Concello no desaloxo de Beiramar, “con datos oficiais e non con palabras”.

Ademais, reclamará a activación “inmediata” dun dispositivo de emerxencia semellante ao posto en marcha durante a pandemia, co obxectivo de garantir unha solución habitacional ás persoas desaloxadas e ao resto de persoas sen fogar “que quedan cada día sen praza no albergue”. Tras censurar a “política aporófoba” do goberno de Caballero, o BNG tamén criticou a Xunta de Galicia por “mirar para outro lado” e instouna a exercer as súas competencias en vivenda e políticas sociais.

ÚLTIMAS

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...