InicioSociedadeVigo adxudica a FCC o megacontrato de limpeza por máis de 400...

Vigo adxudica a FCC o megacontrato de limpeza por máis de 400 millóns

O contrato ten unha duración de nova anos e seis meses, prorrogable dous anos máis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo adxudicou a FCC Medio Ambiente o megacontrato dos servizos para a xestión sustentable e integrada dos residuos municipais e a súa valorización dentro do marco europeo da estratexia da economía circular, que conta cun orzamento de máis de 400 millóns de euros.

Tal como indicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o contrato ten unha duración de nova anos e seis meses, prorrogable dous anos máis. Para o rexedor, trátase dunha iniciativa “eficiente que vai estimular a mellora no servizo global da limpeza da cidade”.

Segundo el, trátase dun contrato “completamente adaptado” á nova lei de residuos e chans contaminados e supón agrupar nun só contrato todos os servizos de recollida e limpeza da cidade para o que ata agora había tres concesións diferentes: o de colectores e papeleiras, o de recollida de colectores verde, a limpeza de rúas e praias e o de recollida de reciclaxe.

Desta maneira, Abel Caballero explicou que agora quedan unificados co fin de “conseguir mellores niveis de reciclaxe, economías de escala e complementariedade dos servizos nunha única concesión”.

RECOLLIDA A DOMICILIO

Esta nova concesión tamén potenciará a recollida a domicilio de residuos voluminosos ou electrónicos e incorporará a recollida en casas dos cadáveres de animais domésticos e sacos con restos de obras. Ademais, o contrato establece un 7,7% de parte variable, que só se pagará se a empresa consegue alcanzar os niveis de recollida selectiva que se lle impoñen.

Por outra banda, ao unificar a concesión o goberno local tamén moderniza os servizos e renovará completamente o vehículo da frota, contemplando un investimento obrigatorio de 15 millóns de euros para renovar os automóbiles e o parque de colectores.

En concreto, os novos vehículos de recollida de lixo contarán coa posibilidade de carga traseira e carga lateral pola esquerda (agora só é pola dereita), o que permitirá ampliar as zonas nas que se poidan instalar colectores de reciclaxe.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...