InicioVigo e contornaVigoA autopsia confirma que a nena de 4 anos falecida en Vigo...

A autopsia confirma que a nena de 4 anos falecida en Vigo morreu por un impacto “accidental”

Os servizos de emerxencia apuntaran ao ferro dun parasol. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

O informe preliminar da autopsia da nena de 4 anos que faleceu o pasado luns nunha leira particular en Bembivre, en Vigo, confirma que se trata de “unha morte accidental provocada por unha peza de obra”. En xornadas anteriores, os servizos de emerxencia apuntaran ao impacto do ferro dun parasol. 

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o Xulgado de Instrución número 8 de Vigo, en funcións de garda, autorizou este mércores o enterramento da menor. O accidente produciuse o luns pola tarde, sobre as 17,45 horas, cando aínda estaba de garda o número 7 e alí mandarase agora a causa. Foron mobilizados a Policía Nacional e Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida á nena.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...