InicioEconomíaStellantis Vigo alcanza unha produción de 15 millóns de vehículos desde 1958

Stellantis Vigo alcanza unha produción de 15 millóns de vehículos desde 1958

É a fábrica de automoción con maior volume de produción en España ata a data.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta que mantén o consorcio automobilístico Stellantis en Vigo alcanzou unha produción acumulada de 15 millóns de unidades desde que iniciou a súa actividade, no ano 1958, segundo informou a empresa, que sinalou que un Citroën ë-Berlingo foi o vehículo 15 millóns ensamblado neste centro.

Hoxe conmemoramos o vehículo 15 millóns producido en Vigo. O modelo millonario, o novo Citroën ë-Berlingo, é un símbolo do noso saber facer, do traballo de xeracións de traballadores profundamente implicados coa eficiencia e a calidade”, destacou o director de Stellantis Vigo, Ignacio Bueno.

Con 15 millóns de vehículos, a de Vigo é a fábrica con maior volume de produción en España ata a data.

Pola súa banda, o director de Citroën España e Portugal, Nuno Marques, indicou que coa comercialización da súa versión 100% eléctrica, Citroën ë-Berlingo converteuse “nun embaixador da estratexia de electrificación da marca e da conversión de España nun país produtor de vehículos ‘cero emisións’ grazas, en parte, á estratexia ‘Made in ë-Spain’ de Citroën”.

Stellantis Vigo produciu 37 modelos diferentes nunha longa traxectoria de 64 anos de actividade. A saga dos Citroën Berlingo ostenta a marca de permanencia na planta, 26 anos, xunto co Peugeot Partner, e seguidos doutros emblemáticos modelos fabricados en Vigo como son o Citroën 2CV producido durante 25 anos e o Citroën C15, que permaneceu nas liñas de produción durante 21 anos.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...