InicioEconomíaMotorocasión pecha as súas portas en Vigo con máis de 300 vendas...

Motorocasión pecha as súas portas en Vigo con máis de 300 vendas e case 10.000 visitantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A feira do vehículo de ocasión Motorocasión de Vigo pechou as súas portas este domingo tras máis de 300 vendas e case 10.000 visitas entre o catro días de evento, que comezou o pasado xoves, 5 de maio.

Máis de 30 marcas estiveron presentes no salón, con 800 unidades expostas con prezos que ían desde os 8.990 euros aos case 200.000 euros dalgúns modelos de alta gama.

O cómputo de vendas polo momento alcanzou os 300 vehículos, a pesar de que a organización indicou que esta cifra irá en aumento co paso das semanas, unha vez se vaian pechando as operacións abertas durante o certame, achegando a cifra de negocio conseguida aos 4 millóns de euros.

A XXII edición de Motorocasión Vigo chegou tras o “éxito” do Salón do automóbil e a motocicleta, tamén levado a cabo no instituto feiral de Vigo (Ifevi) unha semana antes.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...