InicioVigo e contornaVigoArquivado o caso do mozo que apareceu moribundo nas rúas de Vigo

Arquivado o caso do mozo que apareceu moribundo nas rúas de Vigo

O xulgado non aprecia indicios de criminalidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Vigo decretou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións relativas ao falecemento dun mozo, que foi localizado moribundo nas inmediacións do museo MARCO, na cidade olívica, o pasado 1 de abril.

Nun auto, a xuíza expón que o mozo foi atopado cun traumatismo cranioencefálico severo e faleceu pouco despois, sen que o exame forense ou a investigación policial puidesen determinar que a morte fora violenta ou resultado dun delito.

Así, ademais da autopsia, examinouse o móbil do falecido e as imaxes captadas por cámaras de gravación de establecementos próximos ao lugar no que apareceu o mozo. Tamén se tomou declaración a testemuñas, e nas dilixencias practicadas “non aparece debidamente xustificada a perpetración de delito algún”, polo que non hai “indicios de que se trate dun falecemento violento sospeito de criminalidade”.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...