InicioVigo e contornaVigoVulcano busca unha nova era baixo a administración de Astilleros San Enrique

Vulcano busca unha nova era baixo a administración de Astilleros San Enrique

O Porto de Vigo vén de formalizar a concesión á actual empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración do Porto de Vigo aprobou este venres de forma definitiva a adxudicación da concesión do antigo estaleiro Vulcano aos actuais propietarios das instalacións, Astilleros San Enrique, ten un prazo de dous anos para facer investimentos por algo máis de 1,6 millóns de euros co fin de reactivar a construción e/ou reparación naval.

Deste xeito, a partir de agora San Enrique pode desenvolver os investimentos que expuxo na súa oferta, para reformar as instalacións, instalar placas fotovoltaicas, pór a punto guindastres, medidas de protección contra a contaminación mariña, adecuación de redes de subministración, etc.

Con todo, a empresa ten que cumprir unha serie de fitos nos próximos anos, por exemplo, ten que ter un volume de negocio anual de 10 millóns de euros durante os dous primeiros anos da concesión (que é de 15 anos), e este debe incrementarse progresivamente ata os 14,6 millóns anuais en 2036. Tamén deberá cumprir o seu compromiso de contratación de traballadores (28 persoas o primeiro ano e chegar a un persoal de polo menos 79 ao final da concesión).

O Porto fará un “seguimento” de todo o proceso para constatar que se cumpren as condicións da adxudicación da concesión, segundo explicou o presidente do organismo, Jesús Vázquez Almuíña, que tamén matizou que se mantén a pretensión da Autoridade Portuaria de adquirir a parte privada do estaleiro (os terreos que non son portuarios).

Vázquez Almuíña trasladou a súa esperanza de que leste mesmo ano tanto as instalacións da antiga Vulcano como as de Barreras (que está en proceso de liquidación e á espera de que o xulgado adxudique a unidade produtiva) poidan retomar os seus proxectos industriais. No caso da primeira, sinalou, os novos donos aseguran ter avanzados as negociacións comerciais para pechar pronto contratos.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...