InicioEconomíaA CIG insta o Concello a rescindir o contrato con Vitrasa se...

A CIG insta o Concello a rescindir o contrato con Vitrasa se incumpre o convenio

A central sindical rexeita a rebaixa salarial proposta pola concensionaria do transporte urbano de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical da CIG en Vitrasa reiterou a súa oposición a unha rebaixa salarial na concensionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, Vitrasa, polo que instou o goberno local a rescindir o contrato se a empresa incumpre o convenio.

Todo iso despois de que as conversacións entre a representación do persoal e a dirección da compañía terminasen o pasado luns sen que se chegase a un pacto sobre a inaplicación do convenio colectivo que Vitrasa pretende, alegando motivos económicos, o que se traduciría unha baixada de salarios, segundo indica a CIG nun comunicado.

En consecuencia, a empresa solicitará unha arbitraxe para forzar unha resolución final ao conflito “provocado pola súa intención de reducir os salarios un 30% o que queda de 2022 e un 14% en 2023”.

Unha vez examinadas as contas anuais presentadas por Vitrasa, economistas da CIG concluíron que son “moi pouco claras” e as perdas e ingresos “totalmente volubles”. Como exemplo, destacan que para apoiar a solicitude de inaplicación se presentaron ata tres contas de resultados realizadas por diferentes auditorías externas “e ningunha delas reflicte as mesmas cifras”.

Por todo iso, desde a central sindical, que preside o comité de empresa, aseguraron que promoverán a realización de mobilizacións para solicitar ao Concello que se lle esixa á empresa que se faga cargo das súas obrigacións coas persoas empregadas ou que, en caso contrario, “proceda a retirarlle a concesión”.

ÚLTIMAS

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral...

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos...

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo),...