InicioVigo e contornaVigoGran mobilización en Ponte Caldelas rexeitando un trasvase para abastecer Vigo

Gran mobilización en Ponte Caldelas rexeitando un trasvase para abastecer Vigo

Máis de medio milleiro de persoas concentráronse para dicir 'non' a este plan.

PUBLICADO O

Máis de medio milleiro de persoas concentráronse este sábado en Ponte Caldelas contra a proposta de crear un encoro no río Oitavén e un trasvase desde o río Verdugo “para fornecer unha maior cantidade de auga ao concello de Vigo e a súa zona de influencia”. A mobilización iniciouse ás 11,30 horas coa concentración de máis de 150 vehículos nas proximidades do Centro Sociocultural de Forzáns. Así, veciños de alí, de Gaxate, Caritel, Berducido e Vilán protagonizaron unha pitada coas bucinas dos seus coches no traxecto ata Ponte Caldelas.

“A idea que queriamos conseguir con esta fila de coches era mostrarlle á xente o enorme muro de formigón de 333 metros que suporá a construción do encoro en Forzáns no medio dun auténtico paraíso natural cheo de carballeiras, especies autóctonas, flora e fauna endémica que desaparecía por completo de prosperar esta proposta”, explican os convocantes.

A continuación, os veciños concentráronse nas proximidades da ponte vella de Ponte Caldelas, o que derivou nunha manifestación espontánea polo centro da vila para finalizar coa lectura dun comunicado a cargo da presidenta da Asociación de Veciños de Forzáns, Pilar Fernández Álvarez, que sinalou que esta é a primeira mobilización de protesta, “pero non vai ser a única”.

CHAMAMENTO DO ALCALDE

Por outra banda, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, informou de que solicitará por carta aos 11 concellos que “beben” do Encoro de Eiras que digan ‘NON’ ás propostas que se contemplan no ‘Estudo para paliar a seca do concello de Vigo e a súa área metropolitana’ e que “afectan de maneira directa a Ponte Caldelas, concello que cada verán presenta importantes problemas de secas nas traídas veciñais que xestionan comunidades de usuarios e ás que o Concello debe dar solución, polo que esvital protexer o río Verdugo”.

Nun comunicado municipal, o alcalde cualificou de “barbaridade ambiental” que suporía a construción dun encoro en Forzáns. Ademais, o municipio convocou para o domingo 8 de maio, ás 12 da mañá, unha manifestación diante da Casa do Concello e con percorrido polas rúas de Ponte Caldelas para mostrar o rexeitamento de todo o pobo “ás barbaridades ambientais” que propoñen no estudo.

O motivo de que sexa o 8 de maio, explican, é para “darlle á Xunta de Galicia unha marxe de tempo para que nos reciba e explique as decisións que van tomar sobre estas propostas que se expoñen e que afectan moi directamente a Ponte Caldelas”. “Como por parte do Concello non se obtivo ningunha resposta á petición de reunión formuladas polo alcalde á directora de Augas de Galicia e ao futuro presidente da Xunta”, o alcalde de Ponte Caldelas animou á veciñanza “a participar de maneramasiva na manifestación”.

ARGUMENTACIÓNS DO CONCELLO DE VIGO

Por contra, o concello de Vigo quixo especificar que a proposta non sae do municipio, senón que se trata dunha das alternativas expostas por un estudo técnico que a Confederacion Hidrografica remitiu ao Concello e á Xunta hai uns días. En 2018 a Xunta, o Concello de Vigo e o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordaron buscar solucións para garantir o abastecemento de auga no sur da provincia de Pontevedra, explican. Nese contexto, asinouse un convenio entre as tres administracións polo cal Xunta e Concello asumiron pagar o estudo e o Goberno de España a licitación do mesmo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait. ‘ sec=’3’]

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...