InicioSucesosDesestiman un recurso de Pescanova contra a anulación da sanción a unha...

Desestiman un recurso de Pescanova contra a anulación da sanción a unha traballadora que denunciou acoso

"A partir da denuncia da traballadora, Nova Pescanova activou un protocolo de acoso moi particular, pensando máis nos seus propios intereses que na vítima", segundo indicou a CIG, xa que durante o proceso a compañía cometeu "todos os erros" como cambiar á vítima de posto de traballo mentres que o denunciado seguiu co seu emprego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por Nova Pescanova contra a anulación da sanción imposta pola empresa a unha traballadora que denunciou acoso sexual e laboral por parte dun encargado.

Segundo lembra a CIG nun comunicado, o Xulgado do Social número 5 de Vigo anulou o ano pasado a sanción a unha empregada do Centro Industrial de Pescanova no Porriño, que previamente denunciara diante da empresa acoso sexual e laboral por parte dun encargado, condenando á compañía por vulnerar o seu dereito fundamental a non ser discriminada por razón de sexo e fixando unha indemnización para a afectada de 6.251 euros.

A partir da denuncia da traballadora, Nueva Pescanova activou un protocolo de acoso moi particular, pensando máis nos seus propios intereses que na vítima“, segundo indicou a CIG, xa que durante o proceso a compañía cometeu “todos os erros” como cambiar á vítima de posto de traballo mentres que o denunciado seguiu co seu emprego.

Dita organización sindical asegura que a empresa “fixo todo o posible” por entorpecer a comisión de acoso encargada de investigar a denuncia. Tras iso, a dirección amoestou por escrito á traballadora acusándoa de entorpecer o traballo da comisión de acoso, feitos que a compañía cualificou de “moi graves”.

“Obviamente impugnamos a amoestación no xulgado reclamando a súa nulidade, e o xuíz non só dános a razón, senón que condena tamén á empresa por vulneración do dereito fundamental a non ser discriminada por razón de sexo e fixa indemnización para a traballadora”, engadiu a CIG.

Esta sentenza foi contra a que Nova Pescanova presentou recurso no TSXG, que este venres foi desestimado.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...