InicioVigo e contornaDetido o responsable de máis de 40 roubos en furgonetas na área...

Detido o responsable de máis de 40 roubos en furgonetas na área de Vigo

O detido, de 31 anos, circulaba nun coche roubado.

PUBLICADO O

A Garda Civil detivo a un veciño de Madrid, e mantén outro baixo investigación, pola suposta comisión de 40 roubos en furgonetas comerciais de empresas ou autónomos dos sectores da construción, fontanaría ou albanelaría, ocorridos no sur da provincia de Pontevedra.

Por mor dun amplo dispositivo de prevención e investigación que sevenía realizando con motivo do incremento de roubos neste tipo defurgonetas, que se estaban producindo desde o mes de xaneiro en distintas localidades do sur da provincia de Pontevedra, os axentes puideron deter ao presunto autor dos feitos.

Os roubos sempre eran efectuados co mesmo modus operandi, consistente en forzar as furgonetas e tiñan como obxectivo subtraer sobre todo ferramentas eléctricas de gran valor para darlle saída en establecementos de compravenda de obxectos usados, ou a través de plataformas dixitais en Internet.

Durante o transcurso da investigación púidose comprobar que a persona sobre a que recaían as sospeitas hospedábase nos días que se producían os roubos en distintos establecementos dea provincia. De feito, a detención produciuse en Cangas, ao saír dun local hostaleiro onde pasara a noite anterior.

No momento da detención intervéuselle o vehículo no que se desprazaba, que fora roubado con violencia e intimidación o pasado 13 de marzo en Madrid. No interior do turismo guardaba unha gran cantidade de obxectos subtraídos nos seus últimos roubos, ademásde as ferramentas que utilizaba para forzar as fechaduras das furgonetas, xunto con catro ordenadores portátiles e varios teléfonos móbiles.

As investigacións foron determinantes para concluír que esta persoa foi a responsable de ata 40 roubos ocorridos nos últimos meses nos municipios de Baiona, Tui, Porriño, Moaña, Mos, Gondomar, Marín, Ponteareas, Vigo, así como nas provincias de Toledo e Madrid. O valor do subtraído rolda os 100.000 euros.

ÚLTIMAS

Stellantis recibirá 29,2 millóns para a súa planta en Vigo de axudas dos Perte

O Ministerio de Industria e Turismo publicou este venres a resolución provisional da liña...

Termina sen acordo a reunión entre persoal de ambulancias de Vigo e Consellería

O encontro entre os representantes do persoal de Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo...

Metalships entrega o segundo remolcador á Armada Española e termina así o seu contrato para a renovación dos buques

Española, terminando así o seu contrato para a renovación dos buques. Tal como informou a...

Ferido un motorista en Vigo tras ser derrubado por un xabaril

Un motorista resultou ferido este xoves tras ser derrubado por un xabaril na parroquia viguesa...