InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo retirará a subvención á Asociación de Veciños de...

O Concello de Vigo retirará a subvención á Asociación de Veciños de Coruxo

Eran máis de 6.000€ de importe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciou un expediente de revogación da subvención outorgada á Asociación de Veciños de Coruxo para o fomento do asociacionismo no ano 2021 debido ao “incumprimento dos requisitos establecidos nas bases”. Segundo indicou nun comunicado o propio Concello, en concreto incumpriuse a base número 14 relativa ao prazo e a forma de xustificación, así como a número 18 da convocatoria da devandita subvención.

O servizo de Participación Cidadá declarou a perda do dereito ao cobro da devandita subvención para o Programa I por gastos de mantemento cun importe de máis de 5.000 euros, e o Programa II por gastos en equipamento por un importe superior aos 1.600 euros.

O Concello reivindicou a súa “vontade” de colaborar coas asociacións de veciños da cidade, “como vén sendo habitual na política do goberno local e que conta con orzamento para o efecto”. Con todo, iniciou un expediente para revogar a subvención á Asociación de Veciños de Coruxo por “incumprir” os requisitos. A A.VV. amosárase crítica co Concello en reiteradas ocasións por diversas obras desenvoltas no lugar, como se pode comprobar no seu perfil de Facebook.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...