InicioSociedadeFernández-Tapias di que Caballero xa non engana aos vigueses como manipulador político

Fernández-Tapias di que Caballero xa non engana aos vigueses como manipulador político

"O obxectivo é impulsar actuacións que melloren a prestación do servizo de abastecemento de auga para consumo humano e a calidade da auga xestionada por comunidades de usuarios, fomentando o emprego eficiente dos recursos hídricos" di a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este luns a Comunidade de Usuarios de Augas de Xestoso, na parroquia viguesa de Bembrive, onde informou de que o Goberno galego destinará este ano case 198.000 euros a 20 comunidades de usuarios de augas da área da cidade olívica para proxectos de mellora nas traídas veciñais.

No caso de Vigo resultaron beneficiarias na convocatoria deste exercicio as comunidades de Naia, Sabaxans e Cortellas, a do barrio de Carballal en Cabral e a de Xestoso en Bembrive. A estas súmanselle outras de municipios como Cangas, Moaña, Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño, Redondela ou Salceda de Caselas.

“O obxectivo é impulsar actuacións que melloren a prestación do servizo de abastecemento de auga para consumo humano e a calidade da auga xestionada por comunidades de usuarios, fomentando o emprego eficiente dos recursos hídricos”, subliñou Fernández-Tapias, segundo recolle o Executivo autonómico nun comunicado.

Estes incentivos cubrirán o 80% do financiamento das actuacións, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto. O 20% restante debe ser achegado pola comunidade de usuarios beneficiaria, sendo compatible con outras subvencións ou axudas.

REHABILITACIÓN DO MERCADO DE MOSCOSO

Por outra banda, Fernández-Tapias tamén visitou este luns a praza do Mercado de Moscoso, no municipio de Pazos de Borbén, onde o Goberno galego financiou a mellora da eficiencia enerxética da antiga cuberta.

“Trátase dunha actuación fundamental para o municipio, xa que o mal estado da infraestrutura obrigaba a tomar medidas de forma inmediata nun espazo de encontro para os veciños”, reivindicou a delegada territorial da Xunta, despois de que o convenio asinado entre Xunta e Concello permitise un investimento total de máis de 48.000 euros para a recuperación do mercado.

FERNÁNDEZ-TAPIAS DI QUE CABALLERO XA NON ENGANA

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asegurou este luns que o alcalde da cidade, Abel Caballero, “xa non é capaz de enganar aos vigueses” porque a súa “permanente faceta de manipulador político queda en evidencia de forma permanente”, polo que destacou os investimentos do Goberno galego na urbe olívica.

Así o sinalou Fernández-Tapias en declaracións difundidas aos medios de comunicación despois de que Caballero volvese criticar á Xunta por investir 12 millóns de euros na Coruña. Neste sentido, Fernández-Tapias asegurou que “cada día son máis os cidadáns que descobren que a súa estratexia é todo un engano”.

Como mostra do compromiso do Executivo autonómico coa cidade, a delegada territorial mencionou investimentos de “gran envergadura” como a EDAR do Lagares, onde se investiron 104 millóns de euros, así como a Cidade da Xustiza, que supuxo un investimento de 42,3 millóns de euros (3 millóns dedicados a estas instalacións na Coruña) ou os 29 millóns para o Casco Vello (fronte a ‘cero’ investimentos na cidade herculina neste aspecto).

Tamén puxo en valor os 18,5 millóns de euros da estación intermodal de Vigo ou os 8,4 millóns de euros das vivendas nas rúas Cambeses e Chantada ou o 1,5 millón de euros para o albergue de peregrinos.

Estamos a falar de máis de 207 millóns de euros, pero iso sen contar as partidas de Política Social, Educación ou Sanidade“, reivindicou Fernández-Tapias antes de explicar que a Consellería de Sanidade dedica 16 millóns a infraestruturas en Vigo.

Ademais, lembrou o investimento do Álvaro Cunqueiro, “considerado polos pacientes como o mellor hospital de Galicia”. “Pero saben que pasa realmente, que o seu obxectivo é non falar do seu urbanismo paralizado, a súa nula promoción de emprego ou o comercio e a hostalaría abandonada, por non mencionar todas as iniciativas que el mesmo bloquea na cidade para dicir despois que a Xunta non inviste“, engadiu.

Marta Fernández-Tapias concluíu sinalando que “por sorte” cada día son menos os vigueses que cren os seus “milongas”. “A Xunta inviste moito máis en Vigo que na Coruña a pesar de quen lle pese e aquí estou eu para defender á cidade ante o Goberno galego, que ninguén o dubide“, sentenciou.

ÚLTIMAS

O BNG leva ao Congreso rexeitar a prolongación da A-52 e liberar a AP-9 como “alternativa máis sustentable”

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defenderá este martes unha proposición non de lei...

Piden 12 anos de prisión para un home por supostamente agredir sexualmente a un menor de 16 anos en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores,...

A Xunta tomará “as accións necesarias” e non descarta a vía xudicial para defender o centro de asociacionismo olívico

A Xunta de Galicia emprendará "as accións necesarias" e non descarta a vía xudicial para defender...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...