InicioVigo e contornaVigoConcentración da CUT en Vigo polos problemas de saúde dos operarios do...

Concentración da CUT en Vigo polos problemas de saúde dos operarios do motor

Denuncian a existencia de patoloxías laborais non recoñecidas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados do sindicato CUT concentráronse este xoves ante a sede do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en Vigo, coincidindo co Día Mundial da Saúde, para denunciar os problemas que, neste aspecto, padecen os traballadores do sector da automoción. Así, o sindicato fixo referencia aos ritmos de traballo da planta viguesa de Stellantis, onde por cada xornada de 8 horas hai “37 minutos de pausa, 443 minutos de traballo real, 420 coches fabricados e 60 segundos de traballo sobre cada vehículo”.

Segundo indicou, os postos dos operarios do sector caracterízanse por unha “continua repetición de operacións e movementos”, e os empregados acusan o desgaste nas súas condicións físicas, e chegan a padecer enfermidades crónicas que non son recoñecidas.

Precisamente, esa falta de recoñecemento impide que iso problemas de saúde laboral sexan abordados polas empresas, polo que pediron unha reunión co responsable da delegación do INSS para trasladarlle a situación deste colectivo de traballadores, tanto da planta de automoción como da industria auxiliar.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...